miércoles, 8 de febrero de 2017

Coordenadas xeográficas e nova páxina de mapas





Explorando pola rede atopei este xogo interactivo sobre coordenadas que vos pode axudar un chisco..., botade una partidiña haber se chegades os 100 puntos. Tamén vos servirá de repaso aqueles de vos que aínda non tendes claro o concepto.

E para que sigades practicando cos países e as capitais os indico un novo enlace que vos pode ser dunha grande axuda.

Lembrade que o vindeiro venres 17 ten que estar xa preparado o mapa de Europa
















jueves, 30 de junio de 2016

NOTA PARA OS ALUMNOS DE XEOGRAFÍA E HISTORIA DE 3º QUE VAN A CONVOCATORIA DE SETEMBRO

No caderno de traballo de verán por un erro tipográfico no saíu o seguinte que ven a ser os temas que tendes que traballar e estudiar para dita proba:

     - Tema Introducción a Xeografía. Hai que ver tamén os apuntes que temos de conceptos básicos de relevo, escalas, tempo e precipitacións na libreta de limpo.

- Tema “ O escenario físico das actividades humanas“

- Tema “ A organización económica das sociedades “

- Tema “ A agricultura,  gandería,  pesca e silvicultura“

- Tema “ A minaria, a enerxia e a construcción“

- Tema “ A industria”

- Tema   “ O Renacemento, unha nova concepción da arte”

Calqueira dúbida que se vos plantexe no dudedes en expresala a dirección de correo da páxina da aula

auladehistoria@gmail.com


lunes, 11 de abril de 2016

Agricultura, gandería, pesca e a silvicultura




INVESTIGA

É semellante a distribución por sectores económicos da poboación activa segundo os diversos países do planeta ?

Para responder a esta cuestión:

- Localiza en Internet unha fonte estatítica da poboación activa por sectores en el mundo.
- Busca información da porcentaxe de poboación dedicada a cada un dos sectordes económicos en catro países dos que se sitúan na parte alta da clasificación.
- Realiza o mesmo exercicio con catro países situados na parte media da táboa e, finalmente, catro dos situados na parte baixa da clasificación.
- Escribe un par de parágrafos explicando as conclusións da túa investigación que sirvan para responder a pregunta.

LOCALIZA 

Na teu manual a táboa de ECUACIÓN PARA A SOSTIBILIDADE e pon un exemplo concreto a cada unha das accións


miércoles, 30 de septiembre de 2015

A XEOGRAFÍA E AS SÚAS FERRAMENTAS DE TRABALLO


Hai moitos lugares na rede, e que iremos atopando, que nos permiten repasar os conceptos que imos traballando na aula.
Un destes é a páxina do Instituto Xeográfico Nacional na que temos, entre outras moitas cousas, este Atlás Didáctico no que tendes que entrar.


miércoles, 27 de mayo de 2015

OS FENÓMENOS MIGRATORIOS

Cada día milleiros de persoas intentan buscar do xeito que poidan a fórmula para mellorar as súas condicións de vida intentando trasladarse ao primeiro mundo que lles "promete" unha vida mellor....

Na aula dímoslle unha ollada a este problema e agora quixera que vírades este documental sobre a historia, con nome a apelidos, de algunha de estas persoas...


jueves, 16 de abril de 2015

AS ACTIVIDADES SO SECTOR TERCIARIO. Plan de traballo


Continuando o traballado na aula, faremos o seguinte:

- Indicadores sociais dalgúns países en 2010 (páxina 183)
              - Fai os exercicios 3 e 4
              - Escribe como se calcula a taxa de fecundidade e a mortalidade infantil

- A actividade comercial.
               - Dende o exercicio 1 ao 8

- Os fluxos e os bloques comerciales
                 - Exercicios 1 ao 6.

- Imos agora a facer un exercicio práctico. Fíxate na seguinte imaxe


Entra nalgunha destas dúas páxinas

 www.amazon.es 

 www.elcorteingles.es 

e busca unha zapatilla deportiva que sexa do teu agrado.

Cando a atopedes mirade o prezo e calculade dacordo co seu custo e seguindo os tantos por cen que vedes canto corresponde a cada un deses apartados

lunes, 13 de abril de 2015

Calendario de probas



Xa está a vosa disposición neste enlace o calendario de probas do terceiro trimestre coas súas suficiencias.